As sagas nórdicas, a gran contribución de Islandia á literatura europea, viñeron ó mundo cando morría o primeiro milenio nun lugar inhóspito do Atlántico norte onde non había pedra idónea para construír, nin madeira dabondo para tallar, nin metais para moldear, polo que a expresión artística dos primeiros poboadores se fundou en algo que levaban consigo: a palabra. Nas longas noites de inverno, ó abeiro do lume, as sagas permaneceron na tradición oral islandesa durante varias xeracións de homes. Os sagnamenn repetíanas de memoria nos banquetes, sermóns e asembleas. Logo, no s. XII, cando cada vez eran menos os nobres que posuían barco propio, convertéronse en literatura escrita. A palabra abandonaba o océano do verbo para pór o pé na terra firme do signo. Este salto foi propiciado en gran medida pola implantación do cristianismo en Escandinavia. Se por unha banda a nova relixión supuxo o declive do mundo no que se inspirara a literatura nórdica antiga, especialmente no que respecta á súa mitoloxía, tamén significou a preservación da literatura oral, xa que coa cristianización chegaron o alfabeto latino e o pergamiño.
A Saga dos Groenlandeses e a Saga de Erik o Roxo ocupan un lugar destacado dentro das sagas, xa que narran o descubrimento e intento de colonización de América polos escandinavos arredor do ano 1000. Trátase, pois, do primeiro documento sobre un encontro entre nativos americanos e europeos. Leifr o Afortunado, fillo de Erik o Roxo, foi o pioneiro que se asentou nelas, dándolles nome. A vida do seu pai, pola súa banda, está ligada ós primeiros anos da Groenlandia histórica, pois Erik o Roxo foi o seu primeiro explorador e colono; el deulle nome e levou embarcacións cheas de islandeses para que construísen alí o seu fogar.
Esta obra publicouse por primeira vez en galego en 2009. Esta nova edición conmemora os vinte anos da editorial.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)






![Deflecting Palm [Khans of Tarkir Prerelease Promos]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/0eae3101-8a56-59c5-a4ed-22c215153bf9.jpg?v=1717276560)
![Lu Bu, Master-at-Arms [Portal Three Kingdoms]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/0deab8e0-9c8d-5928-9615-a620cc70d779.jpg?v=1717276115)
![Jungle Hollow [Commander 2016]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/1407c22b-4360-5fd6-aa53-6c1956889997.jpg?v=1717275865)
![Ajani's Mantra [Magic 2011]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/64a68e17-6155-5adb-a447-0d10a5c9f2c2.jpg?v=1717275742)
![Hungry Mist (Gemma Flavor Text) [Homelands]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/07a67d99-4266-590c-bea6-60d9be05e2cc.jpg?v=1717275830)
![Control Magic [Unlimited Edition]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/877be2f4-2903-58e6-b7e1-a1756ce2b93f.jpg?v=1717276340)